fbpx

A Xunta de Voceiros celebrada na mañá de hoxe, por vía telemática, acordou por unanimidade o cambio de emprazamento dalgúns colexios electorais, de cara ás celebracións das eleccións autonómicas do vindeiro 12 de xullo. Trátase dunha medida que se adopta para poder dar cumprimento ás exixencias e requisitos establecidos no protocolo de seguridade establecido pola Xunta de Galicia, no que a distanciamento e itinerarios seguros se refire.