fbpx

A Concellería de Promoción Económica, a través do seu Servizo de Orientación Laboral, pon a disposición da veciñanza unha ferramenta virtual, chamada Guía de Procura de Emprego en Tempos de Coronavirus, destinada a todas as persoas que estean inmersas na busca de traballo ou interesadas en mellorar a súa formación neste contexto provocado pola expansión da Covid-19.

O Concello de Poio está levando a cabo unha serie de medidas no que a mobilidade e tráfico peonil  se refire, co obxectivo de facilitar o distanciamento, á hora de transitar pola rúa, que as autoridades sanitarias recomendan para evitar posibles contaxios da Covid-19. En concreto, este plan, que permanecerá en vigor mentres dure o proceso de desescalada, centrarase en dous emprazamentos concretos: a avenida Francisco Regalado e no Centro Histórico de Combarro.



A Comisión de Urbanismo aprobou este martes o proxecto para a execución do cambio do material de cubrición e substitución das luminarias do pavillón polideportivo da Seca, na parroquia de San Xoán. Trátase dunha actuación que contará cun orzamento que ascende a 138.213,07 euros e que busca mellorar a eficiencia enerxética nestas dependencias.