fbpx

O Punto Limpo Móbil retomou na mañá de hoxe a súa actividade, logo de que o servizo permanecese suspendido desde mediados do pasado mes de marzo, por mor da entrada en vigor do estado de alarma. A entrada na fase 1 da desescalada permitiu retomar unha iniciativa que permite á veciñanza reciclar diferentes tipos de residuos de xeito eficiente e seguro.