fbpx

A concelleira de Turismo, Silvia Díaz, e o responsable de Promoción Económica, Gregorio Agís, mantiveron na tarde do pasado xoves unha reunión con representantes da Asociación de Hostaleiros de Poio, na que tamén estivo presente a técnica de Turismo e que serviu para facer unha análise da situación que atravesa o sector no municipio, como consecuencia da crise derivada pola expansión do Covid-19 e que obrigou a paralizar a actividade desde mediados do pasado mes de marzo.