fbpx

O corpo de seguridade tamén procedeu a identificar aos proxenitores dos mozos, residentes en Poio pero naturais de Madrid. A infracción está catalogada como grave e pode ter como consecuencia a implantación de sancións que van dos 601 aos 30.000 euros.

Os axentes policiais tamén procederon a requirir o peche algúns establecementos que permanecían abertos despois do anuncio do Goberno central. Á marxe destas incidencias, a Concellería de Seguridade Cidadá destaca o “exemplo” e “comportamento cívico” da veciñanza nesta situación “sen precedentes”.