fbpx



O Goberno municipal levará ao Pleno ordinario deste mes de outubro unha moción para solicitar, unha vez máis, á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade que teña en conta as propostas que o Concello lle remitiu o pasado mes de xullo, facéndose eco de varias peticións formuladas pola veciñanza, para executar no tramo da PO-308 entre o lugar de Covelo, na parroquia de Samieira, e no núcleo de Raxó, onde a Xunta de Galicia acometeu unha actuación de mellora da seguridade viaria e de eliminación de concentración de accidentes.