fbpx

A concelleira de Deportes, Marga Caldas, mantivo na mañá de hoxe unha reunión telemática con representantes de varios clubs e entidades deportivas do municipio de Poio. Tratouse dun encontro que serviu para coñecer de primeira man a necesidade e a situación dos colectivos e, ademais, para que a titular desde departamento dese conta das medidas que se están levando a cabo desde o Concello para tratar de que o impacto provocado pola crise do Covid-19 sea o mínimo posible neste ámbito.