fbpx

Os traballos de limpeza e desinfección en estradas do rural continúan a bo ritmo. Ao longo da mañá de hoxe, as brigadas procederon a actuar en lugares como A Serpe (Raxó), Arén (Samieira), A Puntada ou Portosanto (ambos pertencentes á parroquia de San Salvador).

Nestes tempos de confinamento, a lectura cobra máis protagonismo que nunca. É por iso polo que, agora máis que nunca, a celebración do Día do Libro cobra máis importancia. A Concellería de Cultura, a través da biblioteca municipal, aposta polas novas tecnoloxías para conmemorar esta data, que será o vindeiro xoves, 23 de abril.