fbpx

Unha das mellores ferramentas de aforro ecolóxico que temos hoxe en día é a recollida selectiva do lixo. Este sistema, que no Concello de Poio se vén aplicando desde fai anos, consiste na separación do lixo na orixe, é dicir, nas vivendas e negocios onde se produce. Con esta separación segundo o tipo de residuo e o seu depósito nos colectores indicados: envases de vidro, papel, plásticos ou orgánicos, gañamos todos.

Por exemplo, ¿sabes que o vidro compón o 8 % do peso da bolsa de lixo que xeramos a diario? Cada quilo de vidro que se recicla evita o uso de 1,2 quilos de materias virxes. Ademais, reduce a contaminación atmosférica nun 20% e a das augas nun 50%. O aforro para o concello tamén é real, pois, por cada tonelada de lixo ben reciclado evítase o pago do custe de incineración a Sogama.

Como vés é moi importante que consigamos unha boa separación do lixo para obter o máximo aforro, e a colaboración cidadá é a clave do éxito deste sistema, xa que, cada quilo mal clasificado xoga na nosa contra. Cada vez que se RECICLA correctamente baixa o custo de xestión dos residuos, é un aforro que o concello REINVISTE na mellora dos servizos, pode repercutir na taxa do lixo, e o máis importante, cada obxecto REVIVE e contribúe ao desenvolvemento sostible do planeta.
 

 ATENCIÓN Á VECIÑANZA

RECOLLIDA DE RESIDUOS

De 9:00 a 13:00 h
T. 986 771 185 - M. 638 881 267
valoriza.limpiezapoio@sacyr.com

Go to top