fbpx

Se te atopabas en Busca Activa de Emprego, isto non ten por que cambiar. Debemos manter a CALMA, todo volverá a normalidade en breve e non debemos decaer na actividade de procura aproveitando este momento para:

1.- MANTENTE ACTIV@.
 Durante este período moitas empresas estanse adaptando á situación. Por iso, é importante que non deixe de buscar, xa que en calquera momento pode aparecer unha oportunidade de traballo.
Como xa mencionamos, aínda que hai menos ofertas de traballo nalgúns sectores, noutros aumentaron polo que pode ser unha boa oportunidade para aportar o seu gran de area , xa que en moitos casos toda a axuda é necesaria e podes gañar experiencia noutras áreas. .
Deberás anticipar cando esta situación volva acougar. Cando as empresas teñan pensado reactivar, pode que necesiten máis persoal do que xa tiñan que poñer todo en orde, moi ben comezarán a preparar campañas de selección antes do que pensas.

2.- APROVEITA A SITUACIÓN PARA SABER MÁIS DE TI MESM@
Traballar na mellora do autocoñecemento e no desenvolvemento das túas habilidades sociolaborais. Podes buscar cales son as capacidades e aptitudes máis demandadas no ámbito profesional no que te moves e buscar maneiras de potencialas. En moitas delas, podemos atopar formación específica.
 
3.- DEFINE BEN O TEU PERFIL LABORAL OU SECTOR NO QUE QUERES TRABALLAR.
Empeza por preguntarte: Cales son as competencias e coñecementos que demandan.  Isto pode facilitar que optimices a túa busca. Elabora unha listaxe das túas expectativas e obxectivos profesionais.

4.- PREPARA CON MÁIS CALMA O TEU PLAN DE BUSCA ACTIVA DE EMPREGO.
Selecciona as empresas de interese, adapta e mellora as túas cartas de presentación e o teu CV tanto físico como nas distintas plataformas de busca de emprego, etc. É importante reaxustar a temporalización da consecución de obxectivos adaptándoos á nova situación.

5.- PREPÁRATE PARA FUTURAS ENTREVISTAS DE TRABALLO.
Podes utilizar simuladores de entrevistas online ou listaxes de preguntas frecuentes; non esquezas coidar a túa linguaxe e a importancia da imaxe persoal.

6.-  COIDA A TÚA REDE DE CONTACTOS PROFESIONAIS (NETWORKING).

7.- MELLORA O TEU COÑECEMENTO SOBRE O MERCADO LABORAL, dereitos e deberes empresariais e das persoas traballadoras, convenios laborais, etc.

8.- MELLORAR OS TEUS COÑECEMENTOS E A TÚA CAPACITACIÓN a través da realización de formación online.

9.- ACCEDE Á PÁXINA DO SPEG (Servizo Público de Emprego de Galicia) para coñecer opcións formativas, accións de información e orientación laboral, procedementos administrativos relacionados coa demanda e solicitudes, etc.

10.-MANTÉN ACTIVIDADES DE BUSCA ACTIVA DE EMPREGO; as oportunidades laborais poden aparecer en calquera momento!!!
Ao mesmo tempo, tamén podes revisar e actualizar os rexistros das páxinas web de emprego nas que esteas anotado ou anotada, pois ao mellor non as tes debidamente cumprimentadas. Por exemplo, podes actualizar e definir ben as túas experiencias laborais, así como incluír posibles formacións que ao mellor non chegaches a anotar.
Como xa expusemos no principio desde publicación, nestes momentos a demanda laboral dispárase en moitos sectores como a alimentación, a reposición, a sanidade, a loxística, etc. A necesidade urxente de cubrir estes postos pode resultar unha oportunidade para insertarse no mercado laboral se nos atopamos preparados ou preparadas.  que xurda unha oportunidade laboral inmediata, es ti o que decide se resulta do teu interese, se te atopas no momento idóneo para dar o paso ou se prefires esperar a que toda esta situación se estabilice.

11.- COIDA A TÚA SAÚDE FÍSICA E MENTAL.
Debes seguir as indicacións das autoridades sanitarias para non propagar o virus, así como pautas e recursos de atención que axuden a afrontar esta situación de confinamento e a coidar a túa saúde mental. Todos somos máis vulnerables ante situacións de crise; ter as ferramentas axeitadas axúdanos a afrontalas mellor: sigue activo.

Go to top