Poio está en continua transformación e crecemento. O noso municipio medra e o Concello de Poio, que sempre apostou e segue apostando pola posta en valor da nosa historia e das nosas tradicións, modernízase para adaptarse ós novos tempos e optimizar os nosos recursos. Poio é xa un lugar de referencia consolidado na xeografía mundial, e agora, grazas ás novas tecnoloxías, temos tamén o noso sitio neste espazo virtual, universal e participativo que é a Rede. Estamos agora máis cerca de todos, dos que vivimos aquí e dos que se atopan lonxe.
Copyright © 2016 Concello de Poio. Tódolos direitos reservados.