fbpx

A pandemia de coronavirus obrigou ao Goberno a tomar unha serie de medidas económicas para paliar os efectos dunha crise sanitaria que deixou máis de 23.800 mortos en España. O Executivo aprobou varios decretos para facer fronte ao impacto económico con axudas para parados, persoas que viron reducidos os seus ingresos e préstamos para autónomos e pemes.

Desde a concellería de Promoción Económica elaboramos esta Guía na que se repasan por temas os diferentes recursos á disposición da veciñanza. Agardamos que vos sexa de moita utilidade.

Ademais,  veciñanza tamén dispón de 𝗮𝘀𝗲𝘀𝗼𝗿𝗮𝗺𝗲𝗻𝘁𝗼 𝗶𝗻𝗱𝗶𝘃𝗶𝗱𝘂𝗮𝗹𝗶𝘇𝗮𝗱𝗼, 𝗱𝗲 𝗰𝗮𝗿𝗮́𝗰𝘁𝗲𝗿 𝗯𝗮́𝘀𝗶𝗰𝗼, 𝗾𝘂𝗲 𝘀𝗲 𝗽𝗼𝗱𝗲 𝘀𝗼𝗹𝗶𝗰𝗶𝘁𝗮𝗿 𝗱𝗲 𝘅𝗲𝗶𝘁𝗼 𝘁𝗲𝗹𝗲𝗺𝗮́𝘁𝗶𝗰𝗼, 𝗮 𝘁𝗿𝗮𝘃𝗲́𝘀 𝗱𝗼 𝗲𝗻𝘃𝗶́𝗼 𝗱𝘂𝗻 𝗰𝗼𝗿𝗿𝗲𝗼 𝗲𝗹𝗲𝗰𝘁𝗿𝗼́𝗻𝗶𝗰𝗼 𝗮́ 𝗱𝗶𝗿𝗲𝗰𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗽𝗿𝗼𝗺𝗼𝗰𝗶𝗼𝗻𝗲𝗰𝗼𝗻𝗼𝗺𝗶𝗰𝗮@𝗰𝗼𝗻𝗰𝗲𝗹𝗹𝗼𝗽𝗼𝗶𝗼.𝗴𝗮𝗹. Tamén é posible gozar deste servizo chamando ao nú𝗺𝗲𝗿𝗼 𝗱𝗲 𝘁𝗲𝗹𝗲́𝗳𝗼𝗻𝗼 (𝗮𝗼 𝟵𝟴𝟲𝟳𝟳𝟬𝟬𝟬𝟭 𝗲𝘅𝘁𝗲𝗻𝘀𝗶𝗼́𝗻𝘀 𝟭𝟮𝟲𝟬 𝗼𝘂 𝟭𝟱𝟬𝟮).

Fronte á emerxencia sanitaria polo Covid-19, as institucións públicas de ciencia, tecnoloxía e innovación poderán establecer xornadas laborais extraordinarias. Estas horas extra compensaranse co complemento de produtividade ou mediante gratificaciones. O Ministerio de Ciencia dará créditos extraordinarios ao Instituto de Saúde Carlos III (máis de 25 millóns de euros) e ao CSIC (4,4 millóns).

Os parques científicos e tecnólogicos terán un alivio financeiro, poderán aprazar ou fraccionar cotas de préstamo para evitar a súa paralización. O Consorcio Barcelona Supercomputing Center poderá endebedarse para cumprir os seus compromisos internacionais (proxecto EuroHPC).

MÁIS INFO
Ciencia e Innovación frente ao COVID-19

Os parados, traballadores con subsidio agrario, renda agraria ou con prestación por desemprego poderán traballar no campo sen perder o paro, segundo un real decreto do Goberno. Tamén os estranxeiros aos que se lles renovará o permiso de traballo se finalizan antes do 30 de xuño, e aos mozos estranxeiros de entre 18 e 21 anos aos que se lles expedirá o permiso de traballo. Redúcese a cotización para traballadores agrarios durante períodos de inactividade en 2020.

Os agricultores que pediron préstamos para afrontar a seca de 2017 poderán pactar cos bancos un ano de carencia e prolongar o período de amortización. O Ministerio asumirá o custo dos avais. As solicitudes pódense presentar no próximos catro meses.

MÁIS INFO
Resume liña de axudas publicada por Unión de Pequeños Agricultores y Ganaderos (UPA)

Os autónomos que cesasen a súa actividade polo coronavirus e as persoas afectadas por un ERTE poderán rescatar as achegas realizadas aos plans de pensións para aliviar as súas necesidades de liquidez. Facilítase o rescate dos fondos de pensións, defínense as circunstancias, o prazo e o importe máximo do que se pode dispor.

MÁIS INFO
Rescate anticipado de plans de pensións

A Seguridade Social compensará o pago dos salarios aos traballadores que teñan que quedar en casa ou reducir a súa xornada para coidar familiares. Unha das primeiras medidas que perdeu forza tras a avalancha de ERTEs en todo tipo de empresas.

MÁIS INFO
Reducción de xornada por coidado de menores e/ou dependentes

Os prazos para devolver compras interrómpense mentres dure o estado de alarma tanto para adquisicións presenciais como por internet. Habitualmente os produtos pódense devolver nun mes. O prazo volverá contar cando termine o estado de alarma.

Protéxese ao consumidor nos contratos de compravenda de bens e de prestación de servizos cuxa execución sexa imposible pola pandemia.

MÁIS INFO
Guía do/a consumidor/a en tempos de Coronavirus

Go to top