Durante o estado de alerta polo coronavirus, queda prohibido o corte de subministracións de auga, luz ou gas a fogares vulnerables. Ademais prorrógase de forma automática até o 15 de setembro o bono social para os beneficiarios pendentes de renovar a solicitude. O desconto na factura eléctrica pode chegar ao 40 %.
MÁIS INFO
Medidas do MITECO ante o COVID-19
Os traballadores que queden en paro ou perdan unha parte substancial dos seus ingresos (polo menos o 40 %) e os empresarios cuxas vendas se esborrallen poderán solicitar o aprazamento do pago das súas hipotecas até o 3 de maio. A moratoria só se aplica para a vivenda habitual.
MÁIS INFO
Moratoria da débeda hipotecaria
O Goberno amplía os prazos de presentacion e pagos das declaracións trimestrais de impostos para autónomos e pemes (IVE, IRPF e fraccionamientos de Sociedades). Así, poderán presentarse até o 20 de maio, en lugar de facelo no prazo previsto, que terminaba o 20 de abril, e até o 15 de maio no caso das domiciliadas, que vencía este mércores 15 de abril.
Por outra parte a Deputación de Pontevedra fai publicas medidas extraordinarias nesta ámbito de aplicación dos tributos delegados polos concellos delegantes da Deputación Provincial.
MÁIS INFO
Medidas Tributarias COVID-19
Moratoria fiscal COVID-19
Medidas tributarias Deputación de Pontevedra
O Goberno aprobou en Consello de Ministros subsidios extraordinarios de 440 euros para os traballadores temporais que non tiñan dereito a paro; e para as empregadas do fogar do 70% da base da súa cotización, sen ser isto incompatible con outros empregos.
MÁIS INFO
Subsidio extraordinario para empregadas de fogar
Subsidio de desemprego excepcional por fin de contrato temporal
Tramitación de ditos subsidios a través do SEPE
O Goberno aprobou o 24 de marzo a posta en marcha dun primeiro tramo de avais de 20.000 millóns para garantir a liquidez das empresas máis afectadas polo Covid-19. A metade dese importe servirá para garantir novos préstamos a pemes e autónomos. A liña de avais entrou en vigor o luns 6 de abril. Os empresarios piden que se amplíe a contía até 50.000 millóns.
Os gastos notariais redúcense un 50 % para a novación de préstamos (excluídos os hipotecarios).
MÁIS INFO
Líneas de Financión ICO con Garantía do Estado (COVID-19)
Praza do Mosteiro nº1
Convento San Xoan
36995 – POIO
Tel. 986 770 001
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.