fbpx

 

Este tempo de confinamento debido ao Estado de Alarma decretado para previr o contaxio do coronavirus COVID 19 pode ser aproveitado para completar o perfil curricular. Dende esta Concellería de Promoción Económica do Concello de Poio elabórase esta listaxe de recursos de formación on line, que pode axudar a seguir medrando persoal e profesionalmente.

 

  • Acción Laboral: Acción Laboral ofrece formación gratuíta para persoas traballadoras por conta allea, autónomos e desempregados en moi diversos ámbitos. Novas tecnoloxías, servizos socioculturais, administración e xestión,  comercio e márketing, edificación e obra civil, electricidade e electrónica, son algúnas da áreas que abarca a súa  oferta formativa.

  • Adecco: Ofrece formación gratuíta durante a crise do coronavirus. Os cursos son para reforzar as competencias que ata agora se comercializaban para empresas e que, dada a excepcionalidade da situación, Adecco imparte de forma gratuíta.

 

 

 

  • Aprender Gratis: Plataforma que oferta cursos, titoriais e manuais de universidades que ofrecen os seus cursos en aberto e outros recursos da Administración. Recompila máis de 2000 cursos gratuítos.

  • Aula 10 Formación: Aula 10 Centro de Formación presenta formación on line en diversos sectores. Trátase de cursos para os que non se precisan coñecementos específicos de formación, pódese ir ao propio ritmo, adaptados a calquera horario, e con titorización persoal.  

  • Aula Fácil: Aula Fácil ofrece 1.140 cursos gratuítos en idiomas, informática, internet, manualidades, autoaxuda, empresa, cociña, ciencia, arte e humanidades, aficcións, saúde, deporte, debuxo e pintura, docencia, decoración, beleza, bricolaxe, psicoloxía, seguridade e prevención, arquitectura, Primaria, Secundaria ESO, Bacharelato,...

  • Aula Mentor: Aula Mentor é un programa de formación online non regrada, flexible e con titorización personalizada, dirixida a persoas maiores de 18 anos. Oferta un extenso catálogo de cursos cos que ampliar as competencias persoais e profesionais. Trátase dunha iniciativa do Ministerio de Educación e Formación Profesional, que conta coa colaboración doutras institucións públlicas e privadas nacionais e internacionais. O prezo dos cursos é de 24€/mes.

 

  • Coursera: Oferta cursos, especializacións, certificados, programas de titulación en liña .

  • Cursos 0.0: Cursos 0.0 ofrece formación gratuíta de calidade para mellorar a vida persoal e profesional das persoas. A súa acción formativa vai dirixida tanto a persoas traballadoras coma en situación de desemprego. As áreas que abrangue van dende a Administración e Xestión, Comercio e Marketing, Hostalería e Turismo, Idiomas, Informática,...

  • Cursos abertos da UNED: Estes cursos son de acceso libre e podes comezalos e acabalos cando queiras, non teñen ningunha data establecida. Os cursos gratuítos da UNED non ofrecen ningún crédito nin ningún tipo de titulación. Hai diversas categorÍas: administración de empresas, historia da arte, educación para a saúde, etc.

  • Cursos FEMXA: FEMXA oferta formación dirixida prinicipalmenbte a traballadores ocupados e autónomos. Os cursestán subvencionados ao 100% polo Ministerio de Traballo e Economía Social. 

  • DKA: DKA ofrece máis de 250 cursos gratis online con certificado de participación de todos os sectores.

  • Easy Work: Plataforma de formación online de deseño industrial. Son formadores oficiais, certificados e distribuidores das ferramentas SolidWorks e DriveWorks. 

  • EDX: Plataforma para a educación e a aprendizaxe fundada por Harvard e MIT. Oferta máis de 2.500 cursos en liña de 140 institucións.

  • Euroinnova: Euroinnova Formación achega unha ampla oferta formativa bonificada para traballadores ou desempregados coa que completar, actualizar ou incorporar novas competencias e habilidades profesionais ao CV.

  • Fomento Profesional: O grupo Fomento Profesional está dedicado á formación e ao desenvolvemento e execución de produtos e servizos formativos, dirixidos a mellorar a situación profesional e laboral das persoas. Abrangue todos los sectores de producción.

 

  • ASIME, Asociación de Empresarios do Metal de Galicia: Asime, en colaboración coa Fundación Estatal para a Formación no Emprego (Fundae), pon en marcha un programa de formación formado por cinco cursos dirixidos a  persoas ocupadas do sector do metal e para persoas en situación de desempregado. Formación 100% subvencionada e virtual.

  • CSHG, Centro Superior de Hostalería de Galicia: Formación en liña ofertada polo Centro Superior de Hostalería de Galicia. Lanza once cursos para que o sector turístico se forme en competencias de comunicación, xestión dixital e marketing. 

  • Plan de Formación de Xuventude e Voluntariado. A Consellería de Política Social, a través da Dirección xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, oferta un Plan de formación conformado por 18 cursos en liña e 1.250 prazas. Os cursos están orientados á formación básica en materia de voluntariado, así como á formación especializada e específica nas seguintes áreas: lingua de signos, ambiental (facendo especial fincapé no ámbito da reciclaxe na casa), novas tecnoloxías ou voluntariado en situacións de emerxencia. Así mesmo, no ámbito da xuventude, as accións formativas céntranse no eido dixital, a comunicación, o tempo libre e técnicas de mellora emocional.

  • Fórmate: Buscador do SEPE de formación online gratuíta.

 

 

 

  • Cursos online Fundación Mujeres para a mellora da túa empregabilidade (procesos de selección, técnicas para a busca de emprego, manipulador de alimentos, etc.).

  • Cursos online Fundación Mujeres para emprendimiento y búsqueda de empleo por cuenta ajena

  • Digítalizate: A Fundación Estatal para a Formación no Emprego (Fundae) e o SEPE, puxeron en marcha o espazo Digitalízate, no que se proporcionan recursos electrónicos gratuítos para a mellora das competencias dixitais en diferentes niveis, duracións e idiomas e con temáticas diversas como: ciberseguridade, internet, linguaxes e metodoloxías de programación, márketing dixital, comercio electrónico, cloud computing, etc.

  • Espazo Multimedia de Aprendizaxe (EMA): A Rede CeMIT pon a disposición das súas persoas usuarias un Espazo Multimedia de Aprendizaxe (EMA) que complementa a formación presencial impartida nas 98 aulas da Rede, facilitando o acceso da cidadanía á alfabetización dixital. A través do EMA, os usuarios e usuarias xa rexistrados na Rede CeMIT poderán acceder a un amplo catálogo de cursos de alfabetización dixital: cursos gratuítos todo o ano, acceso desde calquera punto, sen matriculación nin reserva de praza, dispoñibles 24 horas todos os días.

  • Rexístrate na Rede CEMIT dende aquí.

  • Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia: Ofrece diversos cursos relacionados coas novas tecnoloxías.

  • SmartPeme: Servizo de información e asesoramento gratuíto, presencial e personalizado sobre as TIC (Tecnoloxías da Información e Comunicación), as Novas Tecnoloxías e a mellora da competitividade empresarial dependente da Deputación de Pontevedra. Durante o Estado de Alarma está a ofrecer os cursos na modalidade on-line.

  • Actívate: Activate é unha páxina web de cursos online gratuítos de Google. A través desta páxina, podes atopar formación en competencias dixitais. Ao finalizar os cursos de Activate, recibirás un certificado de superación.

 

Go to top