Plan xeral de ordenación urbanística (PXOM)

Plan Xeral de Ordenación Urbana, definido na normativa urbanística como instrumento básico de ordenación integral do territorio dun ou varios municipios, a través do cal clasificase o solo, determinase o rexime aplicable a cada clase de solo, e definense os elementos fundamentais do sistema de equipamentos do municipio en cuestión.

Inventario de Planeamento Municipal (Siotuga - Xunta de Galicia)

O Plan Xeral de Ordenación Urbana (P.G.O.U) é un documento municipal que recolle a normativa urbanística galega, a regulación en edificios e as futuras actuacións entre outras. Actualmente, e trala sentencia do Tribunal Constitucional 61/1997, do 20 de marzo, as competencias urbanísticas están atribuidas en exclusiva as Comunidades Autónomas, polo que habera que estarse ó que dispoña a súa normativa específica, en canto o alcance e contido deste instrumento de planeamento xeral.

Os Plans Xerais de Ordenación Urbana foron introducidos pola Lei do Solo de 1956. Esta norma, xa derogada, establecía a seguinte Clasificación urbanísticas do solo:

  1. Solo urbano: aquel que situase en zonas consolidadas pola edificación, ou ben conta cunha serie de servizos urbanísiticos (acceso rodado, abastecemento de auga e alcantarillado e suministro de electricidade).
  2. Solo de reserva urbana: susceptible de urbanización mediante os correspondentes plans parciais.
  3. Solo rústico: o resto do territorio municipal.

Coa nova Lei de Solo Estatal (Lei 8/2007), volve a ter consideración residual o solo non urbanizable (ou rústico), prevendo as normativas autónomicas con carácter xeral a seguinte clasificación:

  • Solo urbano (dividido en consolidado e non consolidado).
  • Solo urbanizable ( a súa vez clasificado xeralmente en delimitado e non delimitado).
  • Solo non urbanizable, nas súas distintas catergorías de protección (xenérico, de infraestructuras, de costas, de especial protección, etc.)

Hai que ter en conta que por sentencia do Tribunal Supremo de 1992, o urbanismo e a ordenación do territorio é facultade conferida ás Comunidades Autonómas, que son quenes lexislan as clasificacións de solo.

Dita división só refirese a efectos de valoracións de solo, xa que a lei estatal protexe a igualdade de todo cidadán ante a Lei.

A partires da Sentencia do Tribunal Supremo do ano 1997, recoñeceuse que cada Comunidade Autonóma era potestativa en matería de lexislación urbanísticas, polo que desenvolveronse distintas lexislacións, dando lugar a diversos plans xerais, como o PXOM – Plan Xeral de Ordenación Municipal en Galicia, o POM –  Plan de Ordenación Municipal en Castilla La Mancha, etc.

CONVOCATORIA ABERTA

Axudas de rehabilitación de mellora da eficiencia enerxética en edificios e vivendas unifamiliares

Scroll al inicio