Recicla, reinviste e revive

Unha das mellores ferramentas de aforro ecolóxico que temos hoxe en día é a recollida selectiva do lixo. Este sistema, que no Concello de Poio se vén aplicando desde fai anos, consiste na separación do lixo na orixe, é dicir, nas vivendas e negocios onde se produce

Accesos rápidos

Punto limpo móbil

Residuos voluminosos

Enderezo

Rúa Beiramar, 82
36995 Campelo-San Xoán, Poio

 

Horario

09:00 h  – 13:00 h
De luns a venres

 

Colector verde

Vidro

Botellas de viño, cava, cervexa, licor…

Tarros de marmelada, conservas…

Frascos de perfume, colonia…

Colector azul

Papel

Cartafois, follas usadas, cadernos, xornais, revistas,  caixas de cartón, cartolina, oveiras, bolsas de papel…

Colector amarelo

ENVASES

Envases, bandexas de poliespan, tapóns, latas, papel de aluminio, aerosois, tapas metálicas, briks de leite…

Colector de restos

Restos

Obxectos que non se poidan reciclar como; Papel plastificado, fotografías, cueiros, compresas, tampóns, cerámica, louza, vasos de cristal…

 

Colector aceite

Aceite usado

Consulta o mapa para saber cal é o punto de recollida máis cercano

Colector Marrón

Restos orgánicos

Os restos de alimentos como peles de froitas, espiñas de peixe, plantas, cascas de ovo ou pousos; ou panos de mesa e papel de cociña usados, pode facerse compost.

Por exemplo, ¿sabes que o vidro compón o 8 % do peso da bolsa de lixo que xeramos a diario? Cada quilo de vidro que se recicla evita o uso de 1,2 quilos de materias virxes. Ademais, reduce a contaminación atmosférica nun 20% e a das augas nun 50%. O aforro para o concello tamén é real, pois, por cada tonelada de lixo ben reciclado evítase o pago do custe de incineración a Sogama.

Como vés é moi importante que consigamos unha boa separación do lixo para obter o máximo aforro, e a colaboración cidadá é a clave do éxito deste sistema, xa que, cada quilo mal clasificado xoga na nosa contra. Cada vez que se RECICLA correctamente baixa o custo de xestión dos residuos, é un aforro que o concello REINVISTE na mellora dos servizos, pode repercutir na taxa do lixo, e o máis importante, cada obxecto REVIVE e contribúe ao desenvolvemento sostible do planeta.

COMPOSTAXE EN POIO

Dalle unha nova
vida ao teu lixo

Scroll al inicio