CONVOCATORIAS ABERTAS4ª CONVOCATORIA DE FASE 7 E 2ª CONVOCATORIA DE FASE 8Están abertas a 4ª convocatoria da Fase 7 e a 2ª convocatoria da Fase 8 nas que pódense presentar solicitudes oficiais. Para máis información pode dirixirse ao teléfono 986770001 ext 1241, ó correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou achegarse á oficina do ARI con horario de atención ó público os luns de 9:30 a 13:30 horas. Bases Documentación ANEXO I Solicitude de visita técnica ANEXO II Solicitude de redacción da memoria ANEXO III Solicitude oficial de axudas ANEXO IV Declaración responsable ANEXO V Comunicacion inicio de obra ANEXO VI Comunicación de remate das obras ANEXO VII Autorización para o uso de fotografías ANEXO VIII Autorización para a solicitude, xestión, tramitación e cobro da subvención
AXUDAS DE REHABILITACIÓN DE MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA EN EDIFICIOS E VIVENDAS UNIFAMILIARESFondos Next Generation EU. Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia Axudas do 40, 65 e 80% do orzamento protexible e cuantías de 8.100, 14.500 y 21.400€ en función da porcentaxe de aforro enerxético conseguido na actuación. Beneficios fiscáis. Bonificacións. O ive pode ser subvencionable. Axudas adicionáis a unidades familiares con ingresos inferiores a 2,6 veces o IPREM ata o 100% e 26.750€/viv. Está aberto o prazo de presentación de solicitudes de información e visita. Para máis información pode dirixirse ao teléfono 986770001 ext 1241, ó correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou achegarse á oficina do ARI con horario de atención ó público os luns de 9:30 a 13:30 horas. CONVOCATORIA PECHADAEstivo aberta ata o 5 de abril de 2023 a 2ª convocatoria da Fase 9 para presentar solicitudes oficiais. Bases EMPRESAS HOMOLOGADASO Concello de Poio ten unha lista de empresas interesadas na realización de obras de rehabilitación dentro dos programas de axudas que xestiona a oficina da ARI de Combarro. Todas as empresas que estén interesadas en formar parte desa lista poderán facer a súa solicitude presentando os seguintes documentos cubertos, na sede electrónica do Concello de Poio. Documentación SOLICITUDE DE INSCRICIÓN NO REXISTRO DE EMPRESAS HOMOLOGADAS |
É unha Oficina de Área de Rehabilitación Integral que xestiona axudas públicas en materia de vivenda orientado á conservación, mantemento, aforro de enerxía e e#ciencia enerxéticas. ARI é a Área de Rehabilitación Integral de Combarro tamén denominada Área de Rexeneración e Renovación Urbana (ARRU) Conxunto Histórico-Artístico de Combarro, declarada o 31/12/2002, e que abrangue o conxunto histórico artístico, o entorno do Camiño Real e o comprendido na delimitación do Plan Especial de Reforma Interior previsto no Plan Xeral de Ordenación Municipal.
O conxunto histórico de Combarro foi declarado Ben de Interese Cultural na categoría de “Conxunto Artístico Pintoresco” polo Decreto 3394 de 30/11/1972 (BOE 14/12/1972). Está incluído no Inventario de Bens de Interese Cultural de Galicia de acordo coa Lei 3/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.
Índice de rúas incluídas no ARI Combarro: RÚA MAR (DO), PRAZA PEIRAO DA CHOUSA, RÚA SAN ROQUE, RÚA CHOUSA,PRAZA PEIRAO DA RÚA, CAMIÑO REAL, RÚA COSTA DE ARRIBA, RÚA COSTA DE ABAIXO, AVENIDA COSTA (DA), RÚA TARRÍO, CARREIRO CAMPO (DO), CARREIRO VEIGAS (AS), RÚA LAXE, CARREIRO CRUZ (DA), RÚA CEGA, RÚA PADRÓN (DO), RÚA FONTE (DA), PRAZA RUALEIRA, PRAZA FONTE (DA), RÚA RÚA (A), CAMIÑO TORRE (DA), CAMIÑO REDONDO (DO), RÚA PEDAPORTA, BAIXADA Á CHOUSA, AVENIDA CRUZ (DA).¿Qué pode facer a ARI por mín?
O obxectivo esencial e prioritario da ARI é acadar as actuacións previstas no Conxunto Histórico Artístico de Combarro e o entorno do Camiño Real e o comprendido na delimitación do Plan Especial de Reforma Interior previsto no PXOM, ofrecendo a tódolos veciños e veciñas:
AXUDAS PLAN ESTATAL VIVENDA 2018-2021 (PRORROGA)
As axudas na ARI de Combarro son as reguladas nos Plans Estatais en vigor, nestes caso o PEV 2018-2021 a través do convenio asinado entre o Ministerio de Fomento, Xunta de Galicia e Concello de Poio.
Persoas beneficiarias
Usuarios legais de vivendas, como propietarios, arrendatarios ou titulares dalgún dereito de uso sobre elas.
Actuacións subvencionables
Contía das axudas
O IGVS, con cargo aos seus orzamentos, subvencionará as actuacións na ARI coa contía máxima de:
O custe de todas as actuacións subvencionables anteriores constituirá a inversión da actuación, na que se inclúe os honorarios profesionais, custe de redacción dos proxectos, direccións técnicas ou facultativas, informes técnicos e certificados necesarios, gastos xerais e de xestión, excluídos impostos, taxas e demais tributos.
Neste momento estanse a desenrolar as seguintes actuacións incluídas nas Convocatorias de subvencións á rehabilitación de edificios e vivendas na Área de Rehabilitación Integral de Combarro
As incluídas no Plan Estatal de Vivenda 2018-2021 (BOE 61 de 10/03/2018), correspondentes coa Fase 9ª de Combarro. Ditas actuacións deberán estar rematadas e xustificadas antes do 31 de agosto de 2025.
As incluídas na Prórroga do Plan Estatal de fomento do alugueiro de vivendas, a rehabilitación e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016 (BOE 298 do 10/12/2016), correspondentes coas Fases 7ª e 8ª de Combarro. Ditas actuacións deberán estar rematadas e xustificadas antes do 31 de decembro de 2023.
As incluídas no 1º Programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de barrio, dentro do Real Decreto 853/2021, de 5 de outubro, polo que se regulan os programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, unha vez obtida a declaración de Contorno Residencial de Rehabilitación Programada (ERRP) coincidente coa ARI de Combaro no Concello de Poio. Ditas actuacións deberán estar rematadas e xustificadas antes do 31 de decembro de 2026.
Ao mesmo tempo estase a traballar na apertura dunha futura nova convocatoria (3ª) de axudas para a ARI correspondente aos fondos dispoñibles da fase 9ª, mentres, calquera persoa interesada pode recibir información ou facer unha solicitude de información e visita para ter todos os datos de cara a unha futura selección de solicitudes e pode presentar por rexistro do Concello de Poio o seguinte formulario xunto coa documentación acreditativa correspondente (da titularidade do inmoble e o DNI/CIF do solicitante).
ANEXO I Solicitude de visita técnica
Resumo na web do Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana
Programa de fomento de la regeneración y renovación urbanas y rural
Plan de Recuperación, Transformación y Resilencia
Plan Estatal de Vivenda 2022-2025
Aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia do PEV 2022-2025 e RD 853/2021
Plan Estatal de Vivenda 2018-2021 (PEV 2018-2021)
Aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia do PEV 2018-2021
Plan Estatal 2013-2016
Aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia do Plan Estatal 2013-2016
Axudas compatibles coas axudas na ARI de Combarro.
Non compatibles coa ARI de Combarro
Plan Xeral de Ordenación Urbana, definido na normativa urbanística como instrumento básico de ordenación integral do territorio dun ou varios municipios, a través do cal clasificase o solo, determinase o rexime aplicable a cada clase de solo, e definense os elementos fundamentais do sistema de equipamentos do municipio en cuestión.
Plan Xeral de Ordenación Municipal Poio BOP Nº193 06/10/2000
Praza do Mosteiro nº1
Convento San Xoan
36995 – POIO
Tel. 986 770 001
Praza do Mosteiro nº1
Convento San Xoan
36995 – POIO
Tel. 986 770 001
Praza do Mosteiro nº1
Convento San Xoan
36995 – POIO
Tel. 986 770 001
Praza do Mosteiro nº1
Convento San Xoan
36995 – POIO
Tel. 986 770 001
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.